A revista
A Revista
24/12/2019 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste martes de Noiteboa adiantando os nosos temas: roupa elegante ou de andar pola casa para esta noite e comidas familiares ou solidarias
Tempo de 'O agro'
Falamos sobre a roupa para esta Noiteboa. Modelos para saír cear fóra ou quedar na casa. Non faltaron os xerseis extravagantes que cada ano están máis de moda
Laretamos sobre o ex-sogro que agasallou o ex-xenro cun décimo de Nadal e tocoulles o Gordo
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Falamos sobre as distintas opcións de menú para esta noite. Comprobamos os preparativos dun restaurante onde esta noite cearán 250 persoas. Visitamos a cociña económica de Santiago. Porque o importante non é o marisco, senón a compaña
Noelia Rodríguez tráenos bo tempo para estes días
Despedimos 'A revista' desta Noiteboa desexándovos bo Nadal e amosando as imaxes de Papa Noel saíndo da Laponia. O Apalpador ven tamén de camiño