A revista
A Revista
23/12/2019 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste luns 23 de decembro adiantando a sección de sucesos: sobre a mesa estará a traxedia familiar de Curtis. Estamos en directo desde a casa onde apareceron os corpos
Daremos que falar sobre outros temas máis revisteiros: aperitivos de Nadal e compras de última hora
Esta noite, na TVG, especial 'Larpeiros social club'. Viñeron contarnos os detalles Benigno Campos e Dolores Gestido
Falamos sobre os aperitivos de Nadal. A nutricionista Lidia Folgar deunos consellos para non rematar moi empachados estes días. Desde Santiago, Teresa Abalde preparounos uns saborosos aperitivos
Laretamos sobre un rapeiro que pechou unha xoguetería para que o seu fillo de 7 anos collese todo o que lle viña en gana
Comprobamos como van as compras de última hora polo centro comercial de Ourense
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Mesa de sucesos co avogado penalista Alejandro Vega e as xornalistas Tania Taboada e Patricia Abet. Falamos da traxedia familiar de Curtis e dámos consellos para cando empregamos aparellos que emiten monóxido de carbono. Analizamos o veredicto no caso Ana Enjamio e contamos o caso do veciño de Lugo ao que, finalmente, non lle van quitar os fillos
Chegou o inverno e con el Noelia Rodríguez tráenos mellor tempo
Rematamos 'A revista' colocando unha nova postal na nosa árbore de Nadal