CRTVG

Buscar

A revista

A Revista

18/12/2019 12:30 h

Índice de contidos

00:00 Comezamos 'A revista' deste mércores 18 de decembro comprobando en directo a visita da borrasca Elsa
01:34 Falamos dos eventos solidarios que se organizan polo Nadal. Visitounos Chus Piñeiro, organizadora das ceas de Nadal do Paluso, que se fan na alameda de Santiago. E directo fomos ata Vigo onde xa comezou unha feira de Nadal para facer donativos a varias organizacións
15:15 Visitamos con Carmiña Blanco o belén con material reciclado que fixeron no lugar de Porto, en Pontecesures. Empregaron millo e material de refugallo. Non faltan nin as lampreas
20:15 Laretamos sobre unhas imaxes inéditas que amosan o Apalpador camiñando polo Courel co seu trasno. Tamén se ven imaxes de corzos e osos que habitan na zona
23:39 Postais e fotos que nos mandan os revisteir@s
26:22 Falamos sobre a fauna salvaxe que sae dos montes para instalarse en vilas e cidades. O mestre de veterinaria Luís Fidalgo achegounos consellos para convivir do mellor xeito con estes animais. Atendeunos en directo, desde San Cibrao, Ceferino, un home que polas noites dá de comer a un raposo e a un corvo
40:12 Mabel Montes amósanos unha Galicia chea de avisos por mor do temporal Elsa
43:13 Rematamos 'A revista' deste mércores 18 de novembro poñendo na árbore de Nadal as postais que nos van chegando
 

Atopar capítulo por: