A revista
A Revista
09/12/2019 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste luns 9 de decembro coa actualidade xudicial; pendentes da sentenza do caso Diana Quer, comezo do xuízo polo asasinato de Ana Enjamio e declaracións pola reapertura do caso Deborah Fernández
Adiantamos os temas dos que falaremos: os produtos que contaminan do noso fogar e escapar do frío cun bo caldiño
Esta noite, a TVG estrea 'Un país en 360', a primeira experiencia deste tipo no audiovisual español
Conciencia sobre o cambio climático. Hoxe falamos do que contaminamos desde os nosos fogares. Aclaramos dúbidas con Elena Martínez Carballo, coordinadora do Grao de Ciencias Ambientais e profesora de química analítica. Estamos en directo nun local de Vigo onde venden produtos de limpeza ecolóxicos e visitamos cun responsable de Flor e Vida un cemiterio para que nos achegue alternativas sostibles
Este luns laretamos sobre unha parella de noivos que suspenderon a voda pero marcharon cos cartos dos agasallos de lúa de mel
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Tempo frío no que buscamos quentarnos con platos quentes como o caldo e o cocido. Dos valores nutricionais falounos Lidia Folgar. Estivemos no Viveiro Gastrar de Boqueixón para ver como vai a tempada de grelos e desde un restaurante de Lalín preparáronnos un caldo por todo o alto
Noelia Rodríguez adiántanos a información do tempo para as vindeiras horas
Despedimos coa música de The Zombies que actúan no Playa Club da Coruña o vindeiro venres