A revista
A Revista
22/11/2019 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 22 de novembro adiantando temas: opcións para saber que estudar ou formarse e campaña de recollida alimentos
Pendentes do xuízo de Diana Quer. Amosan na sala o vídeo da reconstrución do crime e a Juan Carlor Quer expúlsano da sala
Octavio sorpréndenos co animal que hoxe nos dará a coñecer
Falamos sobre a orientación da rapazada para elixir estudos. Universidade, ciclo, grao, FP. Falamos coa psicóloga especialista en 'coaching' executivo María Jesús Álava Reyes e conectamos en directo co IES de Valga, onde forman soldadores que xa case entran con traballo
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Comeza a campaña de recollida do Banco de Alimentos. Hoxe e mañá, nos supermercados de toda Galicia. Falamos co presidente da Federación de Bancos de Alimentos de Galicia, José Pita. Comprobamos como van estas primeiras horas de recollida en Vigo. Tamén contamos os detalles da cea solidaria a favor da Fundación Andrea
Octavio Villazala fálanos dos primates. Vén acompañado dun deles e tamén dun can de caza abandonado que busca fogar
Desmontamos o mito de que Diego Viaño ten medo aos cans e, de paso, adiántanos a previsión de tempo para as vindeiras horas
Despedimos 'A revista' deste venres chamando á solidariedade para adoptar un can de caza abandonado