A revista
A Revista
15/11/2019 12:30 h
Índice de contidos
Comezamos 'A revista' deste venres 15 de novembro na Fonsagrada onde hai importantes acumulacións de neve
Incidencias en toda Galicia polo temporal. Na zona de Cerceda mesmo pasou un tornado que arrasou con todo o que pasaba por diante. Comprobámolo en directo
No xuízo de Diana Quer declaran especialistas e membros dos equipos de investigación
Adiantamos os contidos sobre os que falaremos: os ataques do lobos e os beneficios da centola galega
Octavio Villazala adiántanos os contidos da súa sección animal
Aprendemos a distinguir entre as centolas, a saber se están cheas ou baleiras. Explicáronnolo no Grove, onde celebran estes días as xornadas gastronómicas
Que vos parece que na China algúns empresarios lles prohiban ás mulleres levar lentes?
Fotos que nos mandan os revisteir@s
Falamos sobre os ataques dos lobos. Alternativas para que os gandeiros poidan convivir con eles: mastíns, peches especiais. Danos consellos Octavio Villazala e estamos en directo nunha gandería en Meira
Octavio veu acompñado de Óscar Prieto, un home que convive con dúas cadelas que son quen de detectarlle unha hipoglicemia
Volvemos á Fonsagrada en busca da última hora das nevaradas
Noelia Rodríguez adiántanos a previsión para as vindeiras horas
Despedimos 'A revista' facendo un chamamento á adopción dun can de caza abandonado