CRTVG

Buscar

Zigzag diario

A Real Filharmonía de Galicia, Silvia Penide, Carlos Rego e “Janis”

17/02/2016 21:00 h

 A Real Filharmonía de Galicia réndelle homenaxe, nun concerto, ao poeta, dramaturgo e actor inglés William Shakespeare. Esta sentida dedicatoria dáse con ocasión dos 400 anos da súa morte e os músicos desta formación achéganlle “Hamlet”, de Dimitri Shotakovich, ao público galego baixo a voz narrada do actor Luís Tosar. O programa “ZigZag Diario” tivo a sorte de colarse nun dos ensaios e poder falar tanto co actor coma o directo da Real Filharmonía de Galicia, Paul Daniel. 
Por outro lado, hoxe visita o estudio de gravación a artista galega Silvia Penide para presentar o seu novo traballo, “Todo pintado de plata”. A cantante presenta este sinxelo grazas a un mecenazgo e diso falarán no programa, alén doutros temas relacionados coa súa traxectoria. 
A música seguirá soando no “ZigZag Diario” cunha reportaxe sobre o escritor Carlos Rego, que presenta o seu libro “Derribos Arias: Licencia para aberrar”, un traballo de compilación histórica sobre este grupo dos 80 liderado por Poch. 
En canto á sección de “Fondos Reservados” de Moncho Lemos, hoxe presenta o documental “Janis”, onde resucitan a mítica Janis Joplin, unha cinta que ten prevista a súa estrea no mes de marzo. 

Atopar capítulo por: