CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“A Órbita do Lucecú”, “Hamlet” e “Palabras Malditas”

19/02/2016 21:00 h

O actor Anxo Manuel Lamelo falará hoxe no estudio de gravación de “ZigZag Diario” da montaxe “A Órbita do Lucecú”, que relata a viaxe a Marte de tres compañeiros de piso, interpretados por Anxo Manoel Lamelo, Isa Herrero e Rubén Pérez.  O programa da tvG2 emitirá, por outra parte, unha reportaxe sobre unha innovadora montaxe en que colaboran a Real Filarmonía de Galicia e Luís Tosar, para render homenaxe a William Shakespeare cando fai 400 anos do seu pasamento. Baixo a batuta do director Paul Daniel e con Nicholas Angelich ao piano, a orquestra interpretará a versión de “Hamlet” do compositor Dmtri Shostakóvich, elaborada en 1964 para a versión rusa da película. Tosar porá voz como narrador ao personaxe de Shakespeare. 
O “ZigZag Diario” terminará o seu repaso pola escena galega cunha recomendación teatral: “Palabras Malditas”, de Eduardo Alonso e accésit Premio Lope de Vega 2014. A montaxe de Teatro do Noroeste conta a historia de dous seres marxinados: un profesor expulsado e unha prostituta, que se esforzan por atopar a felicidade na escura España da posguerra.

Atopar capítulo por: