Zigzag diario
“A Raíña Lupa” de Fernando Vázquez Arias, “Las Nocturnas” de David Vázquez, Joaquín Lera e Travesti Afgano
O director de orquestra e compositor Fernando Vázquez Arias visita hoxe o estudio do “ZigZag Diario” para falar da súa nova ópera inédita: “A Raíña Lupa”.
As notas seguirán soando nos “Fondos Reservados” de Moncho Lemos, que para esta edición trae o avance do próximo traballo do cantautor Joaquín Lera.
No bloque de reportaxes, os espectadores escoitarán hoxe a banda sonora que David Vázquez compuxo ás estrelas no concurso internacional “Ponle música a las estrellas” de la Ciutat de les Arts i les Ciènces de Valencia, creando a banda sonora do espectáculo “Las Nocturnas”.
O programa cultural da tvG2 tamén proporá música para escoitar en directo co postpunk de Travesti Afgano, unha mestura de sons fortes e eclécticos, desde o surf ata o hardcore.