Momentos G
A ponte de San Xosé marca o inicio en Galicia da desescalada na hostalería
20/03/2021 14:56 h
Estes días festivos marcan o comezo dunha desescalada na hostalería, que ten que ser gradual e con prudencia, por parte de todos, profesionais e clientes. Galicia está pechada para a xente de fóra, pero podemos aproveitar para facer ese turismo interior, cumprindo sempre coas restricións vixentes. Está con nós o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.