A vide de Cachín
A poda en seco
12/01/2016 22:00 h
Na primeira entrega do programa, Cachín encóntrase na súa quinta co seu amigo Vitiño e xuntos comezan a facer a poda en seco. Inés Abril, unha amiga de Cachín, cociña uns mexillóns para os traballadores da vide, mentres que o sumiller Xoán Cannas ofrece un consello sobre a temperatura axeitada para tomar o viño. Despois de ver a teoría e a práctica sobre a poda, o equipo do programa pregúntalle á xente da rúa que é un bago. Unha cata a cegas coa presentadora Silvia Jato e unha visita a adega Terras Gauda, da Denominación de Orixe Rías Baixas, completan a estrea de “A vide de Cachín”.