CRTVG

Buscar

Por algo será!

A pataca

26/04/2016 23:30 h

A pataca mudou os hábitos alimentarios do país, substituíndo a castaña como alimento básico, e a produción anual deste tubérculo en Galicia representa a superficie de 2.000 campos de fútbol. Baixo esta premisa comeza esta semana o programa “Por Algo Será!”, que nesta ocasión se preguntará se seguimos a ser o país dos comedores de patacas.
O programa comezará en Coristanco, terra de Bergantiños, onde o concello lle dedicou unha rúa e unha festa a este tubérculo. A poucos quilómetros, en Valenza, Beatriz Campos atopará a Dolores Rodríguez, unha muller que decidiu deixar o traballo na cidade para cultivar patacas caseiras que vende por Internet.
No mosteiro de Herbón, a presidenta da Asociación Sementar, Pilar García, descubriralle á reporteira que o convento foi, en 1607, o primeiro lugar de Europa en sementar as patacas que viñan de América. E no colexio Wenceslao F. Flórez de Cambre os alumnos aprenderanlle a Bea Campos a construír unha batería eléctrica a base de pataca, unha das diversas aplicacións técnicas deste tubérculo.

Atopar capítulo por: