A revista
A paixón polos reloxos de sol
Algo que comeza de casualidade pode converterse na paixón da túa vida como lle pasou a Xosé. Un paseo por Ferrolterra e a curiosidade levouno a querer saber máis dos reloxos de sol, ata chegar a facer un estudo de toda a provincia da Coruña. Encontrou nada menos que 600, grazas a que amigos e coñecidos se foron sumando á súa afección. Son de todo tipo, de pedra, analemáticos, en igrexas, en hórreos... pero hai un que, malia a non ser antigo, lle trae moitos recordos porque está nun dos seus currunchos preferidos para pasear pola Coruña.
Xosé, arquitecto técnico e historiador, lévanos aos xardíns do Recheo na Coruña (Xardíns de Méndez Núñez) que para el teñen moito significado porque viña cos pais a xogar de pequeno. E alí móstranos o obxecto do paseo: unha estación meteorolóxica de finais do século XIX restaurada e recolocada nos xardíns hai 13. Como estivo retirada e danada moitos anos, o reloxio de sol orixinal non se puido recuperar e no seu lugar, colocáronlle un de factura moderna.
E por eso Xosé tróuxonos aquí, porque os reloxios de sol son a súa paixón.
Todo empezou, di, cunha excursión pola Ferrolterra, ás Fragas do Eume, onde constatou a existencia de numerosos reloxios de sol o que lle picou a curiosidade de tal maneira que acabou facendo a súa tese sobre o tema. Non contento con eso, logo seguiu ata chegar a facer un estudo exhaustivo dos reloxios de sol da provincia da Coruña no que aparecen 600.
Di que é unha afección contaxiosa xa que, ao saber dela, amigos e coñecidos o van chamando para contarlle dalgún aló por onde van.
Tamén se decatou de que a gnomónica ou ciencia dos reloxios de sol, ten en Galicia moita relación cos canteiros e cos ferreiros. A maior parte deles están nas igrexias e mosteiros pero tamén hai moitos nos hórreos para marcar as quendas do rego.
A Xosé gustaríalle que esta estación meteorolóxica estivera en mellores condicións e máis protexida xa que é parte da historia da Coruña.