Momentos G
A paixón, o coidado e o traballo diario fan de Galicia unha terra de bos viños
26/01/2020 14:40 h
Que Galicia é terra de viños, de bos viños, non ten dúbida ningunha; pero tamén é certo que hai anos mellores ca outros. O que acabamos de rematar, 2019, está entre os bos; entre os moi bos, e é que a colleita do ano pasado foi a terceira máis abundante da última década en Galicia, uns datos que non quixemos deixar pasar e que imos analizar da man de toda unha experta en viños, Mercedes González, sommelier.