CRTVG

Buscar

Especial

A noite de Ourense: Festas do Corpus

25/06/2018 22:15 h

Emisión en directo das Festas do Corpus en Ourense, presentada pola xornalista Patricia Santana.

Da man de reporteiros a pé de rúa e da súa presentadora, o programa ten a oportunidade de falar en directo coa artista Cristina Pato, pregoeira deste ano, con persoeiros de berce ourensá como Charly de Los Suaves ou o presentandor Rodrigo Vázquez. 

A TVG conecta cos concertos que teñen lugar na Praza Maior e achéganos ás cinco marabillas da cidade, como son as termas, as pontes, a famosa Rúa do Paseo, as fontes das Burgas e, por suposto, o seu principal monumento, a Catedral gótico-románica que comezou a construírse hai case mil anos. 

Consideradas por moitos como as mellores de Galicia, o programa ten tamén ocasión de falar coas catro orquestras do momento: a Panorama, a París de Noia, o Combo Dominicano e a Olympus. 

Terracear é un deporte oficial en Ourense e non hai celebración sen comida. Por iso, os reporteiros non perden un segundo para metérense nos bares e restaurantes máis visitados da vila con ofertas gastronómicas que conxugan o tradicional e o moderno, elaborando petiscos e tapas que comezan na orella de porco ou o touciño, pasan polo polbo e non se esquecen de aderezalo cun bo anaco de queixo de Arzúa-Ulloa. 

 

Atopar capítulo por: