CRTVG

Buscar

Documental

A mirada de Anna

16/12/2022 00:10 h

Documental sobre Anna Turbau, fotógrafa catalá que en 1976 se trasladou a Galicia como enviada especial das revistas 'Interviú' e 'Primeira Plana'. A través das súas reportaxes descóbrese a historia menos oficial da Transición á democracia en Galicia.

'A mirada de Anna' é unha reflexión sobre o traballo do fotoperiodismo vinculado ao seu tempo e sobre o valor das imaxes como motor indispensable para xerar conciencia e memoria colectiva nos pobos. Anna Turbau traballou en Galicia, para diferentes medios de comunicación, e as súas fotos son testemuña de moitos feitos acaecidos durante a transición. Anna regresa a Galicia no 2009 e lembra, en compañía doutros xornalistas, aqueles duros tempos da transición.

A súa fotografía, foi testemuña das protestas contra a Autoestrada do Atlántico, da reconversión naval... etc. As súas fotografías son unha auténtica reportaxe, non só representan un feito, senón que nos deixan algo máis. Sentimentos, situacións dramáticas, conflitos... Interveñen, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Perfecto Conde, Xavier Navaza, César Portela, Tereixa Navaza, Luis Álvarez Pousa, Margarita Ledo, Víctor Freixanes, Rodrigo Romaní, Fernando del Valle Inclán...

Atopar capítulo por: