CRTVG

Buscar

A miña familia pola túa

Programa 14: Unha familia de moitos membros e outra pequena e tranquila

14/04/2021 22:30 h

Aos seus vinte e tres anos, Javi vive cos pais e a súa irmá Alba en Vigo. Esa é a familia de sangue pero grazas as súas expresións artísticas, o rapaz formou outro niño nun piso habitado polos membros dunha compañía teatral. É por iso que sempre está rodeado de xente ca que non comparte apelido, pero ten trato de irmáns.

Zaida e a súa nai comparten piso en Arcade. A nai rexenta un salón de peiteado e ela agarda a que remate un ERTE para volver traballar . Con trinta e dous anos, esta rapaza considérase unha princesa desas que habitan as películas de debuxos animados. Mantén boa relación co exmozo e a súa parella actual é un fanático do deporte. Por mor dunha enfermidade crónica, Zaida precisa orde e levar unha boa alimentación.

Atopar capítulo por: