Momentos G
A medicina xenómica é fundamental para as terapias das enfermidades do futuro
08/05/2021 14:56 h
A xenómica é unha das áreas da medicina que maior perspectiva de futuro ten por diante, as súas terapias aplícanse, por exemplo, nas enfermidades cardiovasculares, no cancro e nos trastornos cerebrais, as tres grandes patoloxías que concentran o 80 por cento da mortalidade nos países desenvolvidos. Tamén exerce un papel fundamental na covid-19, na diagnose e no tratamento.
Por iso queremos ter con nós un dos maiores investigadores expertos a nivel mundial, que está aquí en Galicia, na Coruña, onde dirixe o Centro Internacional de Neurociencias e Medicina Xenómica Euroespes, o catedrático Ramón Cacabelos.