CRTVG

Buscar

Sopa de festa

A matanza en Valga

19/03/2015 22:30 h

O programa “Sopa de Festa” da Televisión de Galicia ofreceralles esta noite aos espectadores un programa dedicado a unha das poucas cousas que hoxe en día segue a contar con moita tradición en Galicia: a matanza do porco. 

 

A Asociación Axentiva de Valga, en Pontevedra, leva tres anos querendo revivir esta tradición e compartila con todos os seus veciños e visitantes e, como non, facer unha gran festa. 

 

O equipo de “Sopa de Festa” non quere desaproveitar esta ocasión e achegarase a Valga a primeira hora da mañá para compartir con todos os asistentes este día de traballo e festa, unha xornada que remata coa puxa do porco entre os veciños e un gran xantar para degustar os bos produtos da matanza.

 

Doutro lado, nesta edición, a colaboradora Churra visitará a vila de Rosalía de Castro, Padrón, para cociñar xunto a Alejandro Rivera, do restaurante Chef Rivera, un solombo de porco ibérico con compota de mazá. 

 

 

Atopar capítulo por: