A Revista Fin de Semana
A mala alimentación aumenta o número de persoas obesas en Galicia
16/06/2019 13:36 h
Non cansamos de falar da importancia de levar unha boa alimentación para sentirnos ben con nós mesmos, e sobre todo, pola nosa saúde. Pero semella que por moitas veces que o lembremos, aínda non é suficiente. A consellería de Sanidade, a través dun estudo realizado con datos de 2017, cifra en preto de 390.000 as persoas obesas en Galicia, 83.000 máis que hai un década.
E as cifras aínda poderían ser maiores, xa que o estudo elaborouse a partir da información que deron os propios participantes sobre o seu talle e o seu peso. Así que decidimos traer a Manuel Viso, médico experto en nutrición, para inicidir, unha vez máis, nos beneficios dunha alimentación saudable, que temos tan preto grazas á nosa dieta atlántica.