Documental
A Lucenza dos Quesada
Peza documental sobre a vida e obra de Jaime Quessada Porto. Mergúllase na vida e obra de un dos grandes pintores galegos das últimas décadas. Personaxe insubornable e comprometido cos intensos acontecementos da historia que lle tocaron vivir, cunha obra de sorprendente plasticidade que percorre diferentes estilos sen someterse a ningún deles.
A influencia que sobre el exerceron Chus Blanco, a súa compañeira arquitecta, e o seu fillo Xaime QB, tamén pintor, amosan as claves para coñecer a vida do xenio máis internacional da pintura galega. O documental aborda a vida de Quessada contada polos personaxes que compartiron a súa vida: Chus Blanco, arquitecta e a súa muller; José Gómez Alén, catedrático de Historia; Santiago Lamas Crego, médico psiquiatra e escritor; Gonzalo Iglesias Sueiro, mestre; Manuel Peña Rei, médico; Pilar Corredoira, historiadora de Arte Contemporánea; Darío Villanueva, catedrático de Crítica Literaria da USC e secretario da Real Academia da Lingua Española; Acisclo Manzano, escultor; Xesús Alonso Montero, escritor, lingüista e presidente da RAG ou Olegario Sotelo Blanco, escritor.
O programa percorre os estudios e lugares nos que viviu e traballou Quessada: a súa casa de Lamas Carvajal de Ourense, o seu estudio de Lourenza en Vilar das Tres, o estudio de Ibiza en Can-Señora, Madrid...