Zigzag diario
A literatura infantil e xuvenil, Montse Pena, Pedro Feijoo e Carlos Meixide
Xa está a piques de rematar o ano e por iso no “ZigZag Diario” queren facer repaso cultural da literatura infantil e xuvenil máis lida en 2015. Para iso contarán cunha verdadeira experta no estudio de gravación, Montse Pena, que será a encargada de presentar os títulos que tiveron máis éxito entre o público infantil e xuvenil galego.
A oferta literaria deste luns no “ZigZag Diario” continuará coa novela de Pedro Feijóo “Morena, perigosa e romántica”. Esta novela acontece na cidade de Vigo e nela prodúcese un roubo épico, un secuestro dalgún personaxe famoso ou outras tramas disparatadas. Hoxe o programa fará con Feijóo un percorrido polos puntos da cidade olívica que aparecen na súa novela.
E de Vigo saltarán á illa de “Ons”, xa que este é o título do segundo libro que presentan hoxe no “ZigZag Diario” e que transcorre neste punto do parque das Illas Atlánticas. Esta proposta de literatura infantil e xuvenil foi escrita polo xornalista Carlos Meixide. Trátase dun agasallo perfecto para os mozos este Nadal, xa que nela somerxeranse nunha aventura estival que comeza ben, pero un terrible acontecemento fará que cambien as tornas das súas vacacións.