CRTVG

Buscar

A lei de Santos

Capítulo 4: 'Quen nace para martelo'

22/11/2020 22:30 h

O plan de Santos para dar o golpe definitivo non está saíndo como agardaba. Despois de atopar unha cabeza na caixa de seguridade que roubaron no banco, Santos verase na obriga de cambiar a súa prioridade e devolver esa caixa ao lugar que ocupaba. Sospeita que a razón pola que esa cabeza estaba escondida non pode ser boa e as consecuencias tampouco.

Ao mesmo tempo a Garda Civil fai todo o que pode por resolver o atraco e atopar aos culpables. O director da sucursal, Rafael, antigo amigo e actual inimigo de Santos, sabe que el e Pancho foron os responsables da sustracción da caixa de seguridade.

Mentres tanto, Duarte e Bieito seguen contra as cordas. As súas débedas económicas os están levando a unha situación límite, polo que, desesperados, veranse na obriga de buscar unha solución o antes posible.

Atopar capítulo por: