CRTVG

Buscar

Zigzag diario

A infancia de Carlos Casares, "Bo Camiño", "Panorama da BD galega" e “Ecoloxías do Drama”

16/05/2017 21:00 h

“ZigZag Diario” emite unha reportaxe en que viaxará á comarca da Limia dos anos cincuenta para adentrarse na infancia de Carlos Casares, un período que transcorreu entre xogos infantís e historias da guerrilla.
No estudio do programa estará Jano Viñuela, comisario da exposición "Panorama da BD galega", que reúne 136 das obras que 68 autores galegos ou residentes en Galicia quixeron destacar da produción gráfica do 2016. O programa tamén se ocupará da exposición que acolle a Igrexa da universidade compostelá, na que participan 33 artistas plásticos galegos e portugueses. Poden atoparse esculturas, pinturas ou fotografías de coñecidos creadores coma Álvaro de la Vega, Lomarti, Sobral, Masía, Pestana ou Sanjurjo, todas cun nexo común, o Camiño de Santiago.
No MAC da Coruña pode visitarse ata o 10 de setembro a exposición “Ecoloxías do Drama”, que reúne algúns dos principais traballos da cineasta finlandesa Eija-Liisa Athila.

Atopar capítulo por: