Momentos G
A historia de Iñaki Zubizarreta, un acoso escolar en cómic
15/11/2020 13:45 h
O curso pasado, o Ministerio de Educación detectou 5.557 posibles casos de acoso escolar. Sete de cada dez producíranse durante meses ou anos, e a metade deles case a diario.
Os vigueses Fernando Llor e Miguel Porto relatan nas páxinas dun cómic a historia de Iñaki Zubizarreta, ex-xogador profesional de baloncesto, que viviu unha infancia e adolescencia marcadas polo acoso.