CRTVG

Buscar

Por algo será!

A galiña

03/05/2016 23:55 h

O programa da Televisión de Galicia comeza o martes nunha granxa de San Xiao de Mos. O presidente de Avimós, Francisco Monasterio, leva anos loitando pola recuperación da Pita de Mos, orixinaria da Terra Chá luguesa e catalogada no 1932 polo veterinario Rof Codina. 
Nos anos 90, en Arzúa, outro veterinario, Xesús García, retomou a crianza da histórica galiña Piñeira, raza autóctona aínda non recoñecida. O experto explicaralles aos espectadores da Televisión de Galicia que os romanos non gustaban das pitas galegas porque a súa crista, que eles crían afrodisíaca, era moi curta. 
Bea Campos tamén indagará sobre o capón, “o rei dos pratos e o prato dos reis”, segundo dicía Pío IX. En Vilalba celébranlle unha festa desde 1883, pero, cómpre capalos para que teñan ese sabor tan buscado no Nadal? Aurora Lozano, unha das criadoras con máis sona da comarca, falará do segredo deste manxar.

Atopar capítulo por: