Zigzag diario
A Fundación Eugenio Granell, Xosé Luís Suárez e Manuel Sendón, Premios Mantecón e "Novos Cinemas"
01/12/2015 21:00 h
A Fundación Eugenio Granell celebra o seu 20 aniversario, unha vintena na que, baixo o nome do artista surrealista coruñés asentado en Compostela, achega a arte aos composteláns, entre outras actividades. Para falar de todo isto no “ZigZag Diario” de hoxe está Eduardo Valiña, conservador xefe da fundación.
O programa repasa a obra fotográfica de José Suárez, que se mostra na Cidade da Cultura de Santiago. Da exposición falan os seus comisarios Xosé Luís Suárez e Manuel Sendón.
Os Premios Mantecón de Cartelismo publicitario tamén terán o seu oco destacado no espazo.
Finalmente, o programa cultural da tvG2 irá cara a Pontevedra, xa que a cidade do Lérez acolle este ano a primeira edición do festival “Novos Cinemas”.