Zigzag-Eirado
A figura de Ramón María Aller, “Freedom to kill the other's children”, “Lobos sucios” e Assembly Point
Ao facérense 50 anos do pasamento do astrónomo, matemático e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Ramón María Aller, o director do observatorio que leva o seu nome, José Ángel Docobo, visita hoxe “ZigZag-Eirado” para falar da súa figura.
O programa da tvG2 falará no seu apartado de cine do documental dirixido por David Varela “Freedom to kill the other's children”, unha peza de algo máis de 30 minutos de duración que versa sobre o conflito entre palestinos e israelís.
O espazo da Televisión de Galicia tamén invitará os espectadores a achegarse aos cines a ver “Lobos sucios”, filme coproducido pola canle pública e ambientado en Galicia nos anos 40, cando ingleses e alemáns se disputaban o volframio das minas galegas. “Kiki, el amor se hace”, última película do actor, director e guionista Paco León, será outra das recomendacións cinematográficas do programa.
No apartado musical conducido por Moncho Lemos, o “ZigZag-Eirado” dará a coñecer o trío Assembly Point, composto polo galego Fernando Barroso, o irlandés Eoghan Neff e o portugués Luis Peixoto.
O programa farase eco así mesmo do lanzamento do novo DVD de Dakidarria, do novo disco de Skyhooks e dunha nova proposta musical para os afeccionados ao rap: o artista Abelo Valis.