Galicia 4.0
A fabricación dun aeroxerador / Costura e arte
01/12/2016 18:45 h
A forza do vento pode ser aproveitada grazas á tecnoloxía desenvolvida na nosa comunidade. O público será testemuña de como se fabrica un aeroxerador nunha empresa galega con importante presenza internacional. Ademais, o equipo abordará o tema da moda da man de Inés, unha estilista chea de enerxía a quen as súas inquedanzas por coñecer as entrañas do sector téxtil, a levaron ata o Barbanza, onde presentará unha empresa en que se combina a costura e a arte.