CRTVG

Buscar

Zigzag diario

“A estación violenta”, “Rosalía”, “Tempo Vertical” e "Cartas a Superman"

01/06/2017 21:00 h

O programa contará con reportaxes de varios filmes, mesmo algúns cos que a CRTVG colabora. O primeira, “A estación violenta” dirixida por Anxos Fazáns, é a adaptación da novela homónima de Manuel Jabois e ten coma protagonistas os actores galegos Alberto Rolán, Nerea Barros e Xosé Barato; a segunda, “Rosalía” de Zaza Ceballos, narra a vida de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal, que será interpretada pola actriz Melania Cruz. Por outra banda, o programa falará de “Tempo Vertical”, de Lois Patiño, unha longametraxe de 90 minutos no que mestura documental e ficción.

Ademais, o cultural da tvG2 recibe no estudio a David Fidalgo, director do filme animado "Cartas a Superman", estreado recentemente no Festival de Cans e que narra a iniciativa dun neno de escribirlle a Superman para que coide do seu pai na guerra.

Atopar capítulo por: