Momentos G
A esclerose múltiple, unha enfermidade crónica autoinmune e neurodexenerativa
30/05/2021 14:11 h
Unhas 4.000 persoas sofren esclerose múltiple en Galicia, unha enfermidade que afecta o sistema nervioso central. É a comunidade que ten a maior prevalencia desta doenza en España.
Teresa González, presidenta da Asociación Compostela de Esclerose Múltiple, fálanos das reivindicacións dos afectados no día mundial dedicado a esta enfermidade.