Momentos G
A dislexia, un trastorno que se combate traballando desde cativos
08/09/2019 13:13 h
Un trastorno específico que pode ocasionar unha incapacidade parcial ou total para ler e escribir durante toda a vida. Falamos da dislexia, unha dificultade da aprendizaxe sobre a que aínda existe un gran descoñecemento, mesmo por parte dos propios profesionais educativos. De feito, adoita tardar en detectarse, co conseguinte sufrimento dos nenos que a padecen.
De todo isto imos falar coa nosa convidada, moi implicada coa dislexia, porque preside a Asociación Galega, Agadix, e porque ten dous fillos que a padecen, Esther López Carbajales.