CRTVG

Buscar

Momentos G

A Coruña acolle a XXIV edición de Viñetas desde o Atlántico

17/08/2021 11:30 h

Miguelanxo Prado. Director de 'Viñetas dende o Atlántico': "Estamos na Coruña, nos Xardíns de Médez Núñez, diante do Kiosko Alfonso, que é unha das salas principais do Festival Viñetas dende o Atlántico, que este ano celebra a súa vixésimo cuarta edición sendo referente da banda deseñada no noso país.

Dende hai moitos anos ocupa a práctica totalidade das salas de exposición do Concello: o Kiosco Alfonso, a sala Salvador de Madariaga, a sala de exposicións do Palexco, a do Pazo Municipal en María Pita, e incluso a Torre de Hércules na que se expoñen os carteis de Viñetas dende o comezo.

O que van ver os visitantes é unha mostra, seguramente das mellores que se puideron facer nos últimos anos de banda deseñada española, na que por suposto hai unha importante participación galega. Abrangue desde os superheroes e o cómic que podemos considerar máis maioritario, ás propostas máis actorais ou de vangarda.

Este ano a participación está sobre todo concentrada en Fernado Llor e Miguel Porto, que o ano pasado fixeron un dos libros que foi determinante no panorama editorial: `Subnormal´. É un libro que relata a experiencia de acoso escolar, de bulling que sufriu Iñaki Zubizarreta, quen despois foi xogador de elite no baloncesto. Ten unha lectura postiva de como unha experiencia tan negativa pode superarse.´

Miguel Porto, debuxante de banda deseñada: "É o emocional, é un proxecto que é unha biografía dunha persoa real. é un caso moi duro de acoso escolar, fixo que empatizáramos moito co protagonista".

Fernando Llor, guionista de banda deseñada: "O traballo realmente forte foi o traballo de colaboración con Iñaki, de como algúen che vai contando todas esas feridas doi pasado".

Miguel Porto, debuxante de banda deseñada: "Este ano é espectacular para achegarse ás exposicións porque o nivel é altísimo. Temos o traballo de xente como Teresa Valero, Pepe Larraz, Javier Olivares, Jaime Martín... Grandes nomes xa con moito peso, pero tamén con xente nova cun talento e potencial enorme que xa se está vendo, como podería ser Nurita Tamariz, Tyto Alba, etc., que son boísimos. Isto amosa un abano moi amplo do que pode dar de sí o medio".

Javier Olivares, debuxante de banda deseñada: "O que troixen a esta mostra son materiais das miñas tres últimas novelas gráficas:
-As Meninas, que fixen con Santiago García, que foi Premio Nacional do Cómic
- A Cólera, o seguintelibro que fixen con Santiago García
- Warburg and Beach, que é un libro que fixen recentemente con Jorge Carrión.

Hai moitos anos deime de conta que o que lle gusta ao público é que se lle explique como se fai unha novela gráfica: proceso de guión, planificación, lápiz, tinta, color, maquetación".

Miguel Porto, debuxante de banda deseñada: "Parece que cada ano que pasa chegan obras con maior nivel artístico. Ves xente moi nova facendo cousas incríbles, e en Galicia especialmente. O que faría falla é que a sociedade empece a interesarse máis por estas publicacións e a mercalas".

Poden informarse de tódalas exposicións e charlas na 
web https://www.vinetasdesdeoatlantico.com/

Atopar capítulo por: