CRTVG

Buscar

Documental

A Compostela da Casa da Troya

02/03/2021 23:30 h

"A Compostela da Casa da Troya" é un sorprendente percorrido audiovisual pola Compostela de hai cen anos producido por Arraianos Producións con motivo do centenario da publicación da novela. Unha curtametraxe documental dirixida por Benigno Amor e Aser Álvarez, que nos convida a facer unha viaxe aos tempos da famosa e premiada novela "La Casa de la Troya", de Alejandro Pérez Lugín. Trátase dunha recreación ficcionada na que Manolito Casás, personaxe da novela, se lle aparece a un neno nunha noite de defuntos na vella pensión de estudantes na que está ambientada a novela.

Atopar capítulo por: