Momentos G
A cociña galega, todo un referente para o bo comer en época de festas
28/12/2019 13:13 h
28 de decembro, a estas alturas do Nadal de seguro que xa viron multitude de propostas para os menús destas festas. Pratos deses que chaman tendencia e que locen moi ben nas fotos, pero que moi poucos acaban preparando. Receitas que en moitos casos damos por sentado que son tradición nesta época, pero canto hai realmente desa tradición neses pratos? Que comían os galegos hai tempo polo Nadal? Quen mellor para contestarnos a estas cuestións que todo un experto na nosa gastronomía, o xornalista Miguel Vila.