CRTVG

Buscar

A cociñeta

Homenaxe a José Manuel Lage Parente, Médico Rural de Maceda.

30/08/2020 22:55 h

Neste emocionante formato de gastro-homenaxes, Adrián Díaz lidera un equipo de cociñeiros e amigos que, en cada programa, se achegan a un punto da nosa xeografía para argallar unha importante e sentida homenaxe a alguén que o mereza (moito). Neste programa, o elixido para a nosa homenaxe será José Manuel, un médico rural dos de toda a vida, querido e respectado polos seus veciños logo de case 40 anos de servizo a comunidade. O vínculo deste médico ca súa vila é tal, que ven de fundar en Maceda un museo único en Europa, no que pon en valor a profesión do médico rural, que ía a cabalo polas corredoiras moito antes de que houbese pistas, coches ou teléfonos! Nesta homenaxe, os cociñetos contarán con moitos cómplices para que todo saia á perfección, e así , serán familia, amigos e veciños os que van axudar a que esta sorpresa sexa posible. Pola súa parte, os cociñetos poñerán a súa arte nos fogóns ao servizo do espectáculo facendo as delicias dos presentes cunha carne ao caldeiro propia das mellores festas. Asemade, contarán coa axuda de Encarna, unha cociñeira de Maceda, que fará unhas filloas moi especiais, cun recheo de pemento que poñerá en valor os produtos desta zona. Non esquezades tomar nota da receita! E coma sempre, non faltará música, festa e moita emoción. Xa sabedes, cando os cociñetos argallan unha homenaxe, sempre se escapa algunha bágoa... Pero das boas, desas que ilustran os momentos mais entrañables e queridos. Estade moi atentos ás vosas pantallas, a de hoxe é unha das homenaxes mais sentidas ata o momento! Palabra de cociñeto!

Atopar capítulo por: