A Revista Fin de Semana
A catedrática de Michigan Cristina Moreiras volve por Galicia no seu ano sabático
06/07/2019 13:44 h
Feminismo, literatura, cine... son algúns dos elementos presentes na traxectoria profesional, e atrévome a dicir que tamén vital, da nosa seguinte convidada. Unha desas galegas polo mundo que marchou nos anos 80 aos Estados Unidos e xa non volveu, malia que agora está gozando dun ano sabático na súa terra. Catedrática de literatura, cine e estudos de xénero na Universidade de Michigan, onde dirixiu o departamento de linguas e literatura románicas durante dez anos. Hoxe fixo un oco para acompañarnos nesta Revista Cristina Moreiras Menor.