Monster Allergy
A casa dos monstros
22/06/2021 16:25 h
É o primeiro día de escola de Ezequiel Zick e, se non se apura chegará tarde. Elena Pataca, nova na cidade, tamén empeza as clases nun novo instituto para ela. Ambos se coñecerán e protagonizarán mil e unha aventuras. Zick, o rapaciño, que padece miles de alerxias, posúe un don particular, dá visto o invisible mundo dos monstros. Elena, a súa amiga nova está abraiada. Neste capítulo imos ver como resolven o misterio dos cans secuestrados axudados por un xigantesco monstro do río.