Momentos G
A cantante viguesa Aroa Ferreiro logrou gravar con Izal, unha das bandas do momento
13/09/2020 12:42 h
Estou segura de que moitos cantantes e músicos darían o que fose por gravar cunha das bandas do momento, Izal... Xusto isto é o que conseguiu con tan só 18 anos a viguesa Aroa Ferreiro. Ela é unha das privilexiadas que versionou xunto ao propio grupo catro cancións do seu último disco. Chámase Aroa Ferreiro e hoxe está aquí na Revista.