Momentos G
A camelia, a flor que lle dá cor ao inverno galego
01/02/2020 13:59 h
Quen dixo que non hai flores no inverno? Sabémolo ben aquí en Galicia, porque nesta época as nosas árbores énchense de camelias, unha flor á que podemos dicir que moitos lle teñen case devoción no noso país.
Xapónicas, Sinensis, Sasanquas... son variedades dunha das flores máis nosas, a camelia, hai ata 300... Hoxe en Santiago temos a oportunidade de achegarnos máis a elas e tamén ás súas numerosas aplicacións.