CRTVG

Buscar

Vivir aquí

A calidade ten un prezo

24/03/2013

Historias de pescadores, carniceiros, granxeiros e labregos que ofrecen produtos da terra de calidade excepcional, pero que teñen un prezo, aínda que ás veces non tan alto como se pode pensar.

 Aparentemente son produtos iguais: un polo de granxa e un galo de Mos; unha robaliza de piscifactoría ou unha da lonxa; unha peza de cachena, de tenreira galega ou de porco celta que calquera carne de oferta nunha gran superficie, pero non saben igual e, desde logo, non teñen o mesmo prezo.

 O programa vai desde a Terra Chá, onde se envasan grelos da indicación xeográfica cun innovador sistema; ata Mos, onde se recuperou unha das razas de galiña autóctona galega que estaba a piques de desaparecer; pasando polo Grove, onde os mariñeiros vende directamente o peixe de maior calidade aos consumidores sen intermediarios. “Vivir Aquí “ tamén está en dúas das mellores carnizarías de Galicia, na Coruña, e pecha o programa con dous grandes cociñeiros que ensinan o moito e bo que se pode facer cos produtos de calidade.

Atopar capítulo por: