CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega / I Festival Premios Martín Códax / A Orquestra Sinfónica de Galicia / María do Ceo

25/10/2015 00:45 h

O programa semanal “ZigZag-Eirado” contará hoxe coa presenza no estudio de gravación do presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, que en setembro celebrou un congreso para tomarlle o pulso á literatura galega e ás preocupacións dos autores. Cesáreo Sánchez Iglesias falará na entrevista precisamente da situación da nosa literatura, que nos últimos tempos non deixa de recibir premios.

Outro dos temas destacados no programa desta noite será a primeira edición do Festival Premios Martín Códax, que se celebrou a pasada fin de semana en diferentes espazos de Santiago de Compostela e en que participaron os artistas e grupos premiados na última edición do certame. Un coloquio arredor da música en vivo e unha maridaxe musical entre o albariño Martín Códax e o repertorio de varios grupos musicais foron algunhas das propostas do certame, que repasará o espazo da tvG2.

“ZigZag-Eirado” tamén ofrecerá esta noite unha reportaxe sobre a Orquestra Sinfónica de Galicia. Creada en 1992 polo Concello da Coruña, en cuxo Palacio da Ópera ten a súa sede, é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España.

Atopar capítulo por: