Especial
A amnesia de Clío
16/05/2020 23:00 h
A Amnesia de Clío inspírase no lado máis estraño e pintoresco da idea mesma de Historia e sérvese tamén da parte máis inexplicable da política como visión do mundo. Como ferramenta para entender o lugar que ocupamos neste planeta.
Protagonizada por unha estraña galería de políticos -moitos deles xa retirados- esta peza envólvese dos protocolos e a excéntrica mecánica do universo político, para ofrecer unha mirada inesperada sobre a perspectiva patriarcal e as forzas e personalidades que converten os pasos en pegadas e as frases en citas.