CRTVG

Buscar

Documental

35 anos de historieta galega

02/06/2023

Produción documental de 2008. 

Gema Sesar presenta o documental: "35 anos de historieta galega" fai un repaso desde os anos 70 ata a actualidade por toda a historia do cómic en Galicia a través dos seus propios protagonistas, entrevistas a debuxantes e persoas que tiveron un papel destacado durante estes 35 anos.

A historia comeza con Raimundo Patiño nos anos 70 que foi o primeiro en usar a linguaxe do cómic nas súas obras, aínda que Patiño non era un debuxante de cómic senón un pintor, e remata no 2008 e quizáis máis que no 2008 no futuro, nesa esperanza de que o cómic galego, en galego, chegue a todas as librerías, que as editoriais apoien o cómic galego e que os nosos autores triunfen tamén non só en Galicia senón fóra das nosas fronteiras como de feito xa están a triunfar.

 

Atopar capítulo por: