CRTVG

Buscar

Sopa de festa

34ª Festa da pataca de Coristanco

22/09/2014 22:30 h

Os espectadores galegos poderán ver esta noite todo canto aconteceu na celebración dunha das primeiras festas gastronómicas que comezaron a celebrarse en Galicia, a 34 edición da Festa da pataca de Coristanco.

Como non podía ser doutro xeito, o equipo de “Sopa de Festa” achegouse ata este concello, coñecido como o verxel de Bergantiños, para gozar do bo ambiente e compartir cos seus veciños o día e probar as famosas patacas de Coristanco no festexo da súa exaltación. 

Como seu nome indica, a pataca será a gran protagonista da xornada, pero esta celebración tamén é unha homenaxe a todos os agricultores da zona. Por este motivo, as cámaras do programa da TVG acompañaron a Juan, un dos produtores de patacas da zona para que explique o cultivo do afamado tubérculo.

Tamén se poderá tomar nota dunha receita de patacas, que preparará o restaurante Casa Sánchez, un dos establecementos de Coristanco famoso polo seu bo facer en cociñar as patacas nos seus máis variados estilos. 

Xa metidos en plena festa, os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver o ben que o pasaron todos os veciños e visitantes á festa: como se engalanaron de patacas os tractores para o desfile e o ben que sabían os pratos deste prezado produto que se puideron degustar nas carpas do recinto. 

Atopar capítulo por: