Especial
25 edición da Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces
A Festa do Galo de Curral en Vila de Cruces fai 25 anos: desde que, en 1993, un colectivo de criadores decidiu organizar un evento para promover o seu tan prezado produto culinario e elevalo á escena internacional.
Co presentador Carlos Lozano como pregoeiro e a cantante Merche como artista convidada, os cruceños e cruceñas recibiron milleiros de persoas dispostas a gozar da gastronomía do lugar, onde se fusionaron as formas tradicionais de cociñar o galo de curral, con innovadoras tapas que conteñen o sabor que lle valeu a tan prezado animal a inclusión na Rede Europea de Patrimonio Gastronómico.
A festa incluiu pasacalles, bandas de música, actuacións en directo, unha exposición de tractores clásicos e, por suposto, co coñecido 25 Festival de Gaita de Galicia, que nesta edición contou coa participación da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, Banda de Música Municipal de Silleda, e a Banda Artística de Merza (coa Coral Polifónica de Piloño e o grupo de baile Máis Que Danza).