CRTVG

Buscar

Especial

25 anos de Treixadura

15/08/2015

Dende o Teatro García Barbón de Vigo, Treixadura repasa a súa carreira musical durante este cuarto de século e para iso convidaron a algún dos seus colaboradores que os acompañaron nos escenarios durante todo este tempo en activo. Algúns destes acompañantes son o Coro Cantigas e Agarimos de Santiago. 

Ademais do concerto, o programa inclúe declaracións, intervencións e comentarios de diferentes persoeiros do mundo da cultura e música tradicional galegas coma o musicólogo Xaime Estévez, o productor e músico Rodrigo Romaní, Tino Vaz, Pepe Ferreiros de Milladoiro... 

O grupo naceu no ano 1990 e durante todos estes anos foi modelando o seu camiño transformando o estilo pero sen renunciar ao seu son característico. Toda esta traxectoria vén avalada por premios coma o musical Martín Codax ao Mellor Grupo de Música Tradicional Galega. 

Atopar capítulo por: