CRTVG

Buscar

Documental

100 anos de Nós

30/10/2020 23:00 h

Curtametraxe documental de Arraianos Producións con motivo do centenario da publicación da revista Nós, que é un percorrido polos principais contidos. O centenario da revista Nós fai un percorrido contemporáneo por unha publicación que entre 1920 e 1936 supuxo unha revolución no mundo editorial galego, a través dos seus contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamiento político.

A revista Nós saiu á luz o 30 de outubro de 1920 en Ourense, onde se publicou ata o número 15, trasladando despois a súa sede Coruña e a Santiago de Compostela. A dirección postal da revista estivo sempre no domicilio do seu creador, Vicente Risco. A revista tiña un aberto carácter nacionalista. Pretendía normalizar o uso do galego en tódolos estratos sociais. Intentouse que o deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación cunha estética galega, polo que Risco escolleu a Castelao como responsable artístico.

As temáticas que máis se trataban eran o descubrimento da identidade galega e a presentación das novas ideas que aparecían en Europa. Para este fin exploráronse as culturas que se consideraban máis próximas á galega: a irlandesa (por entonces Irlanda estaba converténdose en estado independente) e a portuguesa. Tamén había na revista unha enorme presenza doutras culturas, especialmente das centroeuropeas, que coincidían cos gustos de Risco e cos epicentros culturais predominantes na época. Outras rexións con gran presenza foron Hispanoamérica, Francia e Alemania, que tiñan situacións sociolingüísticas semellantes á galega.

Atopar capítulo por: