CRTVG

Buscar
Salvaterra de Miño / Vieira do Minho

Salvaterra de Miño / Vieira do Minho

10/04/2021 - 20:30 h
Vilalba e Vila Flor
03/04/2021
20:30 h
Baiona / Baiao
27/03/2021
20:30 h
Ribadavia / Riba de Ave
20/03/2021
20:30 h

Sen fronteiras

Presentado polo galego Javier Varela e a portuguesa Beatriz Gosta, este espazo percorrerá lugares de Galicia e Portugal co mesmo topónimo, e farán de guías e viaxarán a estas vilas para comprobar se os topónimos galegos e portugueses teñen a mesma orixe. Tamén coñecerán as súas tradicións, a súa cultura, a súa gastronomía, as súas festas e as súas xentes.

Ambos os dous descubrirán as vilas en primeira persoa e contaranlles aos seus compatriotas que é o que máis os sorprende e lles gusta de cada lugar, unha experiencia propia que encherá o programa de naturalidade, frescura e diversión.  

En cada entrega de Sen fronteiras visitaranse dúas vilas co mesmo nome, unha galega e a portuguesa correspondente. Varela percorrerá as vilas portuguesas mentres que Gosta fará o mesmo en Galicia. A través dos presentadores e os veciños de cada vila darase a coñecer como é a vida neses lugares e se hai diferenzas ou non entre eles. 

Sen fronteiras está producido pola galega M International Audiovisual e a portuguesa SPI froito das relacións xurdidas no V Foro de Coprodução Galicia-Portugal impulsado por AGADIC (Xunta de Galicia) e o ICA (Portugal). 

Sen fronteiras á carta