CRTVG

Buscar
A raia, os percebes e o filloazo de Caión, na Laracha

A raia, os percebes e o filloazo de Caión, na Laracha

Caión é o destino de Isabel, polo que as receitas van estar moi pegadas aos produtos do mar. Esta parroquia da Laracha, a única que sae cara ao mar, ofrece a raia, un peixe moi abundante no seu momento e que se prepara en caldeirada. Tamén bos percebes, grazas ao bater do mar nas rochas. Aquí cociñábanse con cachelos, cocidos na propia auga do mar e, quen o diría, non eran nada apreci

27/11/2018 - 23:15 h

O caderno de Isabel

Horas de emisión:

Ma
  • 23:00

A cociñeira Isabel Prada percorre as vilas galegas buscando as receitas máis tradicionais do lugar, amosando os seus ingredientes e, sobre todo, como se preparan.

Con este formato que aposta pola gastronomía galega, percórrense diferentes territorios de Galicia buscando a cociña que xeracións anteriores á nosa preparaban á hora do xantar e que aínda hoxe forman parte da idiosincrasia deses lugares.

O Caderno de Isabel é unha viaxe por etapas, percorrendo o territorio galego e contando fundamentalmente a contorna física, histórica e humana dos pratos máis tradicionais e característicos.

Con Isabel coñecemos os pratos tradicionais de Galicia, os lugares onde se producen e as persoas que dominan a arte de facelos.

O caderno de Isabel á carta